O castro está ubicado no monte de A Roda, conserva a súa fisonomía castrexa, coa forma circular da muralla e o espazo do foxo. O castro data do século VI a.c., finais da Idade de Bronce.
Saíndo do concello, collemos a estrada a N-547 direción Lugo. Ao final da vila hai unha pista, enfronte á cafetaría O Retiro, a man esquerda; despois tomamos a primeira pista á dereita, que é de terra, e xa a primeira á esquerda leva directamenta ao castro.
A forma do castro está remarcada cun valado de madeira. Actualmente é utilizado como lugar de esparcimento cunha carballeira e un merendeiro.
Este ben está incluído dentro da Ruta "Val do Iso" promovida polo Concello de Arzúa, xunto coa Fonte da Quenlla, que se atopa no entorno do castro.


