Novas

CONCELLERÍA DE CULTURA

III Certame de relato curto A Nosa Lingua

Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas o departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, por terceiro ano consecutivo, o certame de relato curto A nosa Lingua. Os premiados recibirán un libro sobre a vida e obra de María Mariño e un vale de 70 euros para gastar nunha librería de Arzúa.

Bases do III Certame de relato curto A Nosa Lingua:
  1. O tema do relato será libre
  2. O relato debe ser inédito, escrito en galego e non premiado anteriormente. A extensión mínima será de 4 páxinas e a máxima de 10, escritas por unha soa cara con letra Times New Roman de tamaño 12 e interliñado 1,5.
  3. Establécense tres categorías:
    Categoría A (idades ata 15 anos)
    Categoría B (idades de 16 a 45 anos)
    Categoría C (idades de 46 anos en diante)
  4. Outorgarase un premio por cada categoría. Cada premio estará composto por:
    Un libro sobre a vida e obra de María Mariño, poeta homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
    Un vale de 70 euros cambiable nunha librería de Arzúa.
  5. O prazo de presentación das obras remata o 15 de maio ás 14 horas para todos aqueles que as presenten en man no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2 – 15810 Arzúa), mentres que para aqueles que opten por envialas por correo postal certificado, á mesma dirección, finalizará o día 11 de marzo. Os traballos deben presentarse en sobre pechado e dentro deste incluirase outro sobre, tamén pechado, onde constarán os datos persoais do autor ou autora (nome, idade, dirección, número de teléfono...)
  6. O xurado será designado libremente polo Concello de Arzúa e estará composto por persoal do Departamento de Cultura e por representantes do mundo das letras.
  7. O fallo do xurado será inapelable, podendo quedar deserto calquera dos premios. Estes tamén poderían compartirse entre dous ou máis concursantes.
  8. Os traballos premiados serán publicados na páxina web www.concellodearzua.org o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
  9. A participación neste certame implica o recoñecemento e aceptación destas bases e da interpretación que delas faga o xurado convocado a tal efecto.


« Voltar

Banner

Banner



« Portada
© 2009, CONCELLO DE ARZÚA